Redacción 04/08/2020

O Concello de Salvaterra de Miño arranca coas obras de reforma e acondicionamento das instalacións do campo municipal de Dextros 

O Concello de salvaterra de Miño ven de firmar un un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para cofinanciar e levar a cabo diversas obras de reforma e mellora nas instalación do Campo Municipal de Dextros, solicitadas tanto pola Sociedade Deportiva Salvaterra como polos propios afeccionados, e as cales a rexidora municipal se comprometeu dende un primeiro momento co fin de telas finalizadas antes de que empece a nova tempada.

O obxecto desta obra é acondicionar os baños exteriores do campo e adaptalos á minusválidos ademais da mellora xeral das instalacións; estas melloras se corresponden tanto con actuacións de fontanería e albañilería nos baños de cabaleiros e señoras, coma nos vestiarios do equipo  local e visitante, engadindo tamén unha reforma na  oficina existente entre os propios vestiarios e a grada do campo onde o propio club ten a súa oficina, umha obra de reforma que ascende a 10.432,40€, dos cales a Secretaría Xeral para o Deporte achegará 6.067,68€ e o Concello de Salvaterra de Miño aportará 4.364,72€. 

O Concello de Salvaterra  de Miño mostra unha vez máis a súa insistencia co deporte sumando este proxecto á obra recentemente rematada nas Instalacións do Casal, onde se acaban de instalar unha pista de pádel e a reposición do céspede sintético do campo de fútbol, mellorando de maneira notable as facilidades para a práctica deportiva e convertindo as súas instalacións en  referentes da comarca.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad