Realizou amais oito propostas de sanción polo non uso de máscara
A Policía Local de Tui desenvolveu esta fin de semana un operativo especial para evitar a celebracións de botellóns. O venres á noite os axentes disolveron varios botellóns en diferentes puntos do centro urbano. O sábado volveron actuar disuadindo da celebración de botellóns noutros puntos da cidade.
Amais esta fin de semana os axentes realizaron oito propostas de sanción polo non uso de máscara tal e coma establece a normativa, 5 delas o venres pola noite e tres o sábado.
Por outra parte ás 3.43 h da madrugada do sábado ao domingo denunciouse administrativa á persoa que conducía un vehículo tras dar positivo no control de alcoholemia en 0,58 mg/l en aire expirado.
Tamén na madrugado do sábado ao domingo foron identificadas catro persoas involucradas nunha pelexa, e foron propostas para sanción por alteración da orde pública.
Por último onte domingo, pasadas ás sete da tarde axentes da Policía Local colaboraron con outros corpos de seguridade e sanitarios tras rexistrarse un accidente na Po-304 Tui-Gondomar. Tratouse dunha colisión frontolatera entre un turismo e unha motocicleta. Resultaron feridos de gravidade os ocupantes da motocicleta que foron trasladados a un centro hospitalario de Vigo.