Redacción 31/07/2020

Cine infantil “O pequeño mago” en Chenlo, e monólogo a cargo de Hermen & Gildo  en Carracido, ambas ás 22.00 h

 

 

A Concellería de Cultura anuncia para esta fin de semana que a “programación para un tempo novo” chegará a Chenlo e Carracido con sendas propostas de cinema na rúa e monólogos.

Ambas están previstas para mañá sábado día 1 de agosto. En Chenlo, no Centro Cultural, a partir das 22.00 h, haberá sesión de cine coa proxección da película “O pequeño mago”.  É unha longametraxe animada producida por Deboura Cinema, baseada na novela “Bieito Dubidoso”, de Roque Cameselle, publicada por “EdiciónsXerais”.

En Carracido, no local da AAVV As Mimosas, terá lugar tamén mañá sábado 1, a partir das 22.00 h, unha sesión de monólogos a cargo do artista “Hermen&Gildo”. A súa proposta son monólogos novedosos que teñen coma obxectivo visibilizar a existencia de micromachismos moi arraigados no noso día a día.

Concello do Porriño, a través da Concellería que dirixe Cami Moreira, está a realizar esta programación cultural para as parroquias, coas debidas garantías sanitarias, co propósito de dinamizar a actividade de lecer. A concelleira ten manifestado que “sendo coñecedora de que a situación da pandemia da Covid-19, fixo que moitas das actividades culturais das parroquias e barrios fosen canceladas, e mantendo contacto coas asociacións da veciñanza, fixose unha proposta programática, coas garantías de seguridade sanitaria, favorecendo a dinamización cultural á vez que se potencian os recursos dos artistas locais”, puntualizou Cami Moreira.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad