Redacción 31/07/2020

O Concello de Salvaterra de Miño restaura e amplía o espazo de Recreo Infantil de parque de A Canuda

 

 

O Concello de Salvaterra de Miño aproveitando o peche do parque por mor da pandemia, e co afán de continuar coas melloras das infraestruturas que se prestan, ven de empezar as obras de restauración do parque infantil da Canuda por un importe total de 48.335,98€, dos cales 33.835,19 están financiados a través da subvención de Vicepresidencia da Xunta de Galicia para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020, e o resto, 14.500,79€ están financiados con fondos propios.

 

O obxecto deste proxecto é dotar, máis se cabe, a zona de ocio infantil do Parque de A Canuda dos mecanismos de seguridade e ocio dos seus xogos deteriorados polo paso do tempo, coa restauración e reparación de todos os xogos e a instalación de dous novos, unha pirámide de cordas de 2,50m de altura e unha tirolina de madeira. Cómpre destacar que o Parque de A Canuda ten ao redor de 300.000 visitas cada ano, cun atractivo singular para os máis cativos no seu espazo de xogo infantil.

 

O Parque Público A Canuda é un referente do ocio para a comarca e a provincia de Pontevedra, pola súa extensa e variada oferta de ocio, que resulta unido aos máis de 30km de sendas, ao Espazo Termal Lúdico, o Recinto Amurallado e o Museo da Ciencia do Viño, que a nosa Vila sexa moi atractiva para o visitante, ademais de contar cun emprazamento privilexiado, a beira do Río Miño, que invita ao paseo, relax e disfrute dos veciños e visitantes.

 

Debido ao paso do tempo e as diferentes inundacións que ten soportado esta zona de xogos dende a súa inauguración no ano 2007, facía necesario implementar unha obra de mellora que abarcara a toda a zona, tanto na restauración de toda a zona de xogo como coa instalación de novos xogos para aumentar a variedade temática dos mesmos, que suporá unha gran mellora nas infraestruturas de ocio infantil existentes no termo municipal.

 

As obras teñen un soporte definido en tres piares fundamentais:

Restauración de practicamente a totalidade xogos infantís.

Substitución das pezas danadas ou en mal estado por outras novas.

Instalación de dous novos xogos: Unha Tirolina e unha Pirámide de rede.

 

Desta maneira e cando a Covid o permita, o Parque de A Canuda abrirá as súas portas enchendo de ledicia aos nenos e nenas que gozarán novamente dun espazo saudable e lúdico referente nesta comarca.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad