Redacción 28/07/2020

O Concello de Salvaterra de Miño solicita que se volvan a habilitar as solicitudes presenciais de corta

 

Tendo en conta que a maior parte das solicitudes de corta que se tramitan no Concello de Salvaterra de Miño están feitas polos seus maiores do rural, con todo o que iso conleva, problemas de acceso a redes, carencia de equipos informáticos ou na maior parte dos casos simplemente ausencia dos coñecementos informáticos e de uso de claves e plataformas dixitais.., o paso exclusivo de forma telemática das solicitudes de corta por parte da Consellería supón un claro prexuízo para o Concello, xa que ata o de agora dábaselle a opción a poboación de solicitalos persoalmente no Distrito Forestal en Ponteareas ou os venres no propio Concello.

 

Ante esta situación onde claramente os seus maiores se senten discriminados e sobre todo o seu rural, o Concello de Salvaterra de Miño solicita que se volva a habilitar as solicitudes presenciais para as tramitacións das cortas e demais tramitacións nos concellos e na propia sede comarcal, convivindo paralelamente os dous mecanismos, o dixital e o presencial con fin de facilitar as tramitacións a toda a poboación e que exista desta maneira un trato igualitario entre os seus veciños e veciñas.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad