Sáldase con dous condutores sancionados por condución temeraria
Outro condutor será investigado coma presunto autor dun delito contra a seguridade vial
A Policía Local de Tui desenvolveu esta fin de semana un operativo de control e vixilancia do tráfico con motivo da festividade do 25 de xullo.
No operativo, iniciado o sábado pola mañá, os axentes interceptaron a un condutor que circulaba realizando trompos no terreo da nova ubicación do mercado semanal. Procederon a sancionalo por condución temeraria.
Por outra parte no servizo nocturno os axentes da Policía Local de Tui, detectaron a un condutor que circulaba co permiso de condución retirado por perda total dos puntos, e por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Por este feitos o condutor será investigado coma presunto autor dun delito contra a seguridade vial.
Horas máis tarde a Policía Local recibiu o aviso dun veciño tras rexistrarse un accidente de circulación na rúa Calvo Sotelo. O condutor do vehículo implicado deu positivo en drogas e estupefacientes.
Por último, o domingo a primeira hora da mañá os axentes da Policía Local interceptaron a un vehículo que realizara unha arrancada na rúa Augusto González Besada, a carón das dependencias policiais. Procederon a súa denuncia administrativa por alcoholemia tras dar positivo na proba, e denuncia por condución temeraria.