Será hoxe domingo ás 22.30 h na rúa Compostela. Pódense reservar as entradas até hoxe ás 12 h en enterticket.es
“Cantarelas” é o título do concerto que Leilía ofrecerá hoxe domingo ás 22.30 h, na rúa Compostela en Tui, dentro do programación “Volvemos á rúa”.
En 1989, as integrantes de Leilía – Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez – apostaron por recuperar a tradición oral galega ao son das pandeiretas. Incorporaron despois instrumentos e polifonías non tradicionais, dando continuidade ao pasado a través do presente.
Trinta anos despois fan un repaso polos seus temas máis emblemáticos coma “I é verdade, i é mentira”, con outros menos coñecidos, pechando así un círculo entre a orixe a actualidade, pasando polas diferentes sonoridades do grupo. Trátase dun percorrido musical pola historia de Leilía.
A reserva de entradas, de forma gratuíta, pode realizarse até hoxe domingo ás 12 h, ou até esgotar a disponibilidade, en enterticket.es. Poderán asistir ao concerto 300 persoas sentadas e 150 persoas de pé.
Previamente ás 21.30 h na rúa Compostela actuará Kote Malabar co espectáculo de rúa “Cirkote”.
Debido á celebración deste evento o domingo dende a mañá non se poderá estacionar nin circular no tramo da rúa Compostela entre a rúa Betanzos e a rúa Ourense.