A Alcaldesa do Porriño fala coa familia afectada polo brote da covid19 e ponse ao seu dispor polo que poidan necesitar
Eva García de la Torre falou coa familia do Porriño afectada polo brote de coronavirus e trasladoulle o apoio do Concello. A alcaldesa puxose á disposición da familia polo que poidera necesitar e na medida que a administración municipal fora quen de colaborar.
A través dunha conversación telefónica coa nai do mozo primeiramente infectado, a alcaldesa interesouse polo estado de todoseles. Segundo lle trasladaron, cursan íllados nos seus domicilios. O seu seguimento realizase a través do Centro de Saúde , polo persoal de Atención Primaria.
No que atinxe aos resultados das probas PCR entre persoas cercanas a eles, a meirande parte deron negativas pero deberán repetise en dous casos.
A alcaldesa do Porriño aproveitou para facer un chamamento público a toda a veciñanza para que “cumpra co uso obrigatorio da máscara, coas distancias sociais e demais protocolos anti-Covid vixentes na nosa comunidade”. Eva García exhortou, “de xeito especial á mocidade para que eles sexan conscientes de que son un vector de contaxio e polo tanto tamén de risco e ás probas me remito”, rematou a alcaldesa.