De novo o sector das librarías terá o seu protagonismo nunha nova data, nesta ocasión a do 23 de xullo, para celebrar o Día do Libro a nivel nacional. Tras a suspensión da celebración deste día o 23 de abril debido ao confinamento e ao establecemento do Estado de Alarma neste país, os libreiros decidiron lanzar esta medida para seguir impulsando este sector.
Farase un desconto do 10% como xa vén sendo habitual nesta efeméride e aproveitarase para darlles a coñecer aos consumidores, aquelas novidades que se puxeron á venda recentemente e que por motivos obvios poidan pasar desapercibidos para os lectores. Nunha situación tan delicada como a que estamos a vivir, as librarías galegas participan nunha campaña co resto das librarías a nivel nacional denominada “Todo empieza en una librería” que se iniciou o pasado dia 1 de xuño para poñer en valor a importancia das librarías dentro da cadea do Libro.
Esta campaña está apoiada por autores, editores e lectores,así como diversos medios de comunicación, tratando de achegar o consumidor ás librarías da maneira máis cercana posible.