Redacción 22/07/2020

A rotonda sur das Gándaras probablemente se reabrirá ao tráfico ao final da tarde, segundo as previsións da empresa adxudicataria

O Concello do Porriño informa que hoxe mesmo, ao final da tarde, xa podería reabrirse ao tráfico a rotonda sur das Gándaras, á vista do bó ritmo das obras de pavimentación, segundo comunicoulle a empresa “Endenor”, adxudicataria destes traballos.

“Endenor” reiterouse en que, se non xurden imprevistos, podería reanudarse a circulación hoxe no lugar de mañá, como estaba inicialmente previsto. Así o manifestaron representantes da contrata a pé de obra a Lourdes Moure, concelleira de Vias e Obras que acudiu a supervisar o desarrollo dos traballos.

As obras comezaron as oito e media da mañá cun corte de tráfico, co apoio da Policía Local do Porriño e desvío da circulación cara aos polígonos industriais namentres se realizaban as labores de fresado e despois de pavimentado da rotonda.

Os traballos a realizar son o levantado e novo asfaltado da rotonda sur das Gándaras sita a continuación da saída 21 da Autovía A-55 en dirección Tui, polo que cumpría cortar o tráfico rodado.

Lourdes Moure manifestou que este proxecto “xa estaba previsto para acometer no mes de marzo pero atoupámonos co estado de alarma e demorouse todo o procedemento ata agora que puidemos rematar a solicitude e consecución de permisos do Ministerio de Fomento para realizar os cortes de tráfico e acometer a pavimentación”.

A concelleira de Vías e Obras lembrou que “ésta era unha das peticións máis reiteradas das asociacións empresariais dos polígonos do Porriño” e que a previsión do Concello é acometer nos vindeiros meses a mellora da pavimentación das outras rotondas que distribuen o tráfico de milleiros de camións e vehículos entre os polígonos industriais do Porriño.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad