O Concello do Porriño abre un novo prazo para a presentación de solicitudes para composteiros individuais.
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza comunicou hoxe que a partir de hoxe mércores día 22 abrese un novo prazo de presentación de solicitudes para aqueles veciños e veciñas interesados en recibir un composteiro individual para vivendas unifamiliares.
As solicitudes deberán envíarse por correo electrónico ao enderezo do concelleiro: sergiocasalquintas@oporrino.org
Habilitase un prazo de dúas semanas para que os interesados manden as súas solicitudes Nas que deberán facer constar nome, apelidos, un teléfono de contaxcto e un enderezo de corroe eléctrónico para que o Concello poida contactar con estes veciños e veciñas para convocarlles no Multiusos de Torneiros á reunión onde se distribuirán os composteiros.
Nesa reunión, como acontecera noutras anteriotres, mestres composteiros do Plan Revitaliza explicarán cómo se realiza a montaxe dos composteiros que entregan embalados e como deben realizar a compostaxe dos residuos orgánicos.
A idea do Concelleiro de Medio Ambiente é que durante o mes de agosto ou primeiros de setembro teña lugar a convocatoria aos solicitantes e que se faga o seguinte reparto de composteiros.