A mochila da luz chegou o venres ao Pazo de Mos, portada por Milucha, e foi recibida polas autoridades locais. Saíra o día 10 de xullo de Porto coa bendición da mochila na catedral.
Desde Conchas do Camiño: Susy de Pontevedra, Ana de Toledo, Oihana de Irlanda e Guillerme de Lisboa, animad@s pola iniciativa xurdida no Camiño Francés, co proxecto «A Luz do Camiño», puxeron en marcha unha iniciativa “a mochila da luz”.
Trátase de facer o Camiño Portugués levando unha mochila entre tod@s. Saíron de Porto o día 11 de xullo e continúan camiñando ata Santiago de Compostela. Portan unha mochila, dentro da cal levan unha luz acesa durante todo o Camiño. Cada peregrin@ que o desexa, pode levar a mochila un tramo de cada etapa ata a entrada en Santiago de Compostela.
O obxectivo é que a mochila coa Luz do Camiño Portugués non pare ata Santiago. Esperan chegar a Santiago o día 24 de xullo, xunto coa mochila que partiu o 19 de xuño desde Roncesvalles, no Camiño Francés, para pasar alí o día da conmemoración do Apóstolo. A idea é que ambas mochilas (a do camiño portugues e a do camiño francés) cheguen á Praza do Obradoiro coa súa luz acesa.
A Vieira que transportan na mochila de «A Luz do Camiño Portugués» foi pintada por Julia, unha pequena gran artista galega de 7 anos. Esta concha nace como unha homenaxe ás vítimas do Covid 19, a todas as persoas falecidas durante o confinamiento por outras causas, que non puideron ser despedidas polos seus familiares, aos enfermos e a tod@s l@s profesionais de todos os ámbitos, que nos coidaron e axudado co seu traballo ou de forma altruísta.
Todas as persoas maiores, as grandes vítimas desta pandemia, foron ao principio nen@s, por iso esta iniciativa pretende, a través de Julia, tenderlles unha man que sirva como recordo cara a eles e de esperanza ante o que nos depara o futuro
Podedes seguir o camiño da mochila en instagram @conchasdelcamino y Facebook: Conchas del Camino.