Redacción 17/07/2020

A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o Presidente da Comunidade de Montes de Parderrubias, Jose Estévez, veñen de asinar o acordo de cesión de 13.100 m2 de terreo comunal na zona do Penedo Redondo que lle permitirá ao Concello a construción dun novo campo de fútbol 8 así como dunha área de adestramento de porteiros/as.

 

 

Tendo dispoñible este terreno contan  dar cabida deste xeito ás case 400 persoas que se prevé que fagan uso das instalacións a vindeira tempada. A cesión do dereito de superficie terá unha duración de 30 anos, durante os cales a Comunidade de Montes percibirá unha contraprestación de 5.229,37 € anuais por parte do Concello de Salceda.

O obxectivo fundamental do grupo de goberno de Salceda é o de proporcionar unhas instalacións acordes coa demanda existente na actualidade. O fútbol base no municipio está a ser xestionado polas Escolas de Fútbol Denis Suárez, que na pasada tempada acolleron a 202 nenos e nenas, con previsión de chegar aos 246 a partires de setembro co inicio do novo curso, polo que se fai imprescindible a creación de novas instalacións que dean cobertura á totalidade de nenos e nenas do municipio que se decanten polo fútbol. Tamén o Caselas fai uso das instalacións para os seus adestramentos, ademais doutros clubes como o Parderrubias A e B, o Veteranos Caselas ou as Escolas Deportivas de Salceda que acollen a modalidade de fútbol feminino.

 O Concello de Salceda ven de rematar as obras da primeira fase do proxecto de mellora das instalacións deportivas municipais de Penedo Redondo, coa construción dunha sala de usos múltiples á que se accederá dende a fachada sur do edificio actual, na que se contará con un vestiario. Ademais creouse unha cantina con acceso dende o lateral do propio campo, xerando así percorridos diferenciados para espectadores/as e xogadores/as. Esta cantina contará ademais cun almacén e dous aseos accesibles. O proxecto, cun orzamento de 87.688,13 €, executouse con cargo ao Plan Concellos 2018/2019.

Rubén González, Concelleiro de Deportes: “Vimos de asinar un acordo moi importante para poder dotar de mais infraestructuras á veciñanza de Salceda que disfruta desta modalidade deportiva, na liña que este goberno vai a ter nos vindeiros anos para as múltiples disciplinas que temos no noso concello”.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Apostamos polo proxecto da Escola de Fútbol Denis Suárez, que supón unha oportunidade de ouro para os nosos nenos e nenas, con unha comunidade educativa que non só se centra no aspecto deportivo, senon que chega aos eidos social e educativo”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad