Redacción 10/07/2020

O obxectivo é instruílos nos beneficios do posicionamento en Internet e que lles revirta en recoñecemento de marca, xeración de venda e implementación do seu negocio, dados os momentos actuais de crise económica derivada do COVID-19.

 

A Axencia de Colocación do Concello de Mos organiza un taller teórico práctico para as persoas e/ou empresas que desexen reinventarse para superar a crise. Trátase dun taller presencial para emprendedores e empresarios que queiran aprender a levar o seu negocio a Internet, optimizalo e buscar solucións a esta crise derivada do COVID-19. 

Impartirase o 13 de xullo nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos en horario de 09.00 horas a 13.00 horas e os interesados en asistir (totalmente de balde) poden aínda inscribirse na Axencia. Os participantes poderán neste curso coñecer todos os trucos e pasos obrigatorios para que a presenza na Internet lles revirta en recoñecemento de marca, xeración de venda e posicionamento do seu negocio. 

O taller correrá a cargo da ponente Iria Álvarez, Directora do Club de Marketing Global, Consultora de Marketing Dixital e Comunicación Audiovisual. Para o taller de Mos ten preparados unha serie de contidos para que os asistentes ao mesmo poidan aprender todo o necesario sobre análise do seu cliente ideal, análise do seu produto, ferramentas gratuítas para buscar tendencias e novos nichos de mercado, web e plataformas de venda online, Redes Sociais, estratexia de contido para o seu negocio e automatización de procesos de venda con Bot’s; así como Email Marketing.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad