Redacción 09/07/2020

A Policía Local realizou as primeiras denuncias para sancións de 100€ por non empregar a máscara

 

 

A Policía Local do Porriño impuxo onte á noite na Avenida de Buenos Aires, as primeiras denuncias a varias persoas, todas elas mozas, que non facían uso das máscaras de protección nunha reunión. Cada denuncia dará lugar a multas económicas de 100 € por persoa, segundo a normativa vixente da Xunta de Galicia.

 

A Policía Local do Porriño, seguindo as instrucións da Concellería de Seguridade, considera que rematou o período pedagóxico. Ata onte, os axentes lembraban aos cidadáns que debían facer uso das máscaras de protección, tanto as cirúrxicas coma as téxtiles, “de xeito obrigatorio cando non sexa posible garantir o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal”, segundo estableceu a Xunta no decreto publicado no DOG do pasado 27 de xuño.

 

Tanto a Concellería de Seguridade coma a Policía Local recomendan o uso permanente das máscaras de protección aos peóns nas rúas para previr situacións de risco.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad