Redacción 09/07/2020

A mayoría da corporación acordou realizar unha análise conxunta da facturación pendente de pago do Concello

A contraproposta de Pedro Ocampo, voceiro de EU SON foi apoiada pola suma dos 8 votos de PSOE, BNG, EU SON e Manuel Carrera, da UDDL, fronte aos 8 votos dos concelleiros do PP que votaron en contra. Ante a ausencia por convalecencia post cirúrxica da alcaldesa titular, Eva García, o alcalde accidental, Pedro Pereiro fixo valer o voto de calidade.

A suma de votos da maioría da corporación municipal do Porriño, co voto de calidade do alcalde accidental, rexeitou a proposta do Partido Popular e aceptou a contraproposta do grupo EU SON para analizar no seu conxunto toda a facturación pendente do Concello do Porriño. Acordouse que esa análise inclua tanto as facturas da conta 413 como aquelas que están pendentes porque carezan de partes de traballo, outras deficiencias ou tiveran sido rexeitadas polo sistema “Face”.

De tal xeito que na vindeira semana, convocarase unha xunta de voceiros municipais para planificar como se fará esa análise en conxunto da facturación e se requerirán os informes pertinentes dos servizos técnicos municipais.

O acordo acadado foi a alternativa á proposta do Partido Popular do que partía a petición deste pleno extraordinario celebrado hoxe. O voceiro do grupo maioritario da oposición propuso os casos da facturación pendente de pago de 25 empresas proveedoras do Concello. Entre elas figuran “Naturgy”; “Eulen”, “Nexia”, “Ascan” “Fluge”, “Aceesca Emprego”, “Gonzalez Couceiro” ou “Narom”, entre outras.

Alejandro Lorenzo matizou hoxe no pleno que a súa proposta contemplaba “revisión de oficio, pago, crédito ou sexa o que fora segundo a normativa vixente e os informes técnicos pertinentes da Secretaría e da Intervención Municipal”.   Ao mesmo tempo, o voceiro do PP, requiriu ademais en cadaun dos 25 contratos, un expediente de responsabilidade patrimonial aos ordenadores de cada gasto. 

A proposta do PP foi rebatida por Lourdes Moure, concelleira de Economía e Facenda e voceira do grupo socialista. Acusou ao PP porriñes de “querer entorpecer ata paralizar a actividade económica municipal e para ilo, infunden sospeitas e dubidan dos informes tanto dos técnicos coma dos altos funcionarios, habilitados nacionais, se non están na súa corda”.

A voceira socialista manifestou que “estean tranquilos os proveedores do Concello que van cobrar, aínda que o Partido Popular non lles queira pagar”.

Camila Moreira, polo BNG manifestou que o seu grupo votaba en contra da proposta do PP por que“non temos coñecemento de ilegalidades” aínda que subliñou que “o recoñecemento extraxudial é unha mala praxe que está correxirse”. E Manuel Carrera, dixo “observar mala fe no PP que está a facer unha oposición xudicializada cando o que procedería sería un esforzo conxunto para esclarecer toda a facturación pendente”.

Nesa mesma liña, o voceiro de EU SON, formulou a contraproposta que finalmente aprobou a maioría da corporación. Ocampo Cardalda baseouse en que aínda “faltanos documentación” e reclamou que sexan a xunta de voceiros e as comisión municipais as que establezan qué facturas deben pagarse con recoñecemento extraducial e qué facturas deben pasar por trámite de revisión de oficio ou de audiencia ás empresas”, manifestou  Ocampo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad