Redacción 05/07/2020

O obxectivo do concurso é achegar o alumnado ao tecido industrial da súa contorna. Os alumnos e alumnas premiados pertencen a colexios de Vigo, Vilagarcía, Vilaboa, Pontevedra e Mos.

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer a estudantes de 7 centros educativos da provincia de Pontevedra cos premios do concurso Atrévete a ter unha idea, un certame enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende. Esta iniciativa da Xunta busca inculcar no estudantado a cultura do emprendedorismo, desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas con ela e dar a coñecer ao alumnado o tecido industrial da súa contorna.

Puideron participar no certame alumnas e alumnos de 5º/ 6º de Educación Primaria e 1º / 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, como pode ser o Colexio Lar en Mos, onde unha alumna de 2º da ESO resultou premiada. Para facelo, deberon buscar unha idea de negocio e redactala como máximo en dúas páxinas. Os premios agora concedidos recoñecen as mellores propostas de negocio en cada zona.

O programa ‘Atrévete’ ten dúas partes e, ademais do devandito concurso, inclúe unha serie de visitas do alumnado a empresas e asociacións de empresarios, onde un empresario da zona lles ofrece unha conferencia. Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e diferentes asociacións empresariais en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer o tecido empresarial da súa contorna.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad