Redacción 04/07/2020

Galp ría de Pontevedra renova o convenio con Abanca

Produtos bancarios con condicións melloradas para proxectos vinculados ao GALP

O GALP Ría de Pontevedra renovou este xoves o convenio que mantén coa entidade ABANCA. O acto que reafirma o compromiso de ámbalas dúas entidades realizouse telematicamente e nel participaron a presidenta do GALP Ría de Pontevedra, María del Carmen Vázquez Nores, e o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en A Coruña, José Manuel Vilariño Orgeira.

O obxectivo desta alianza é impulsar o desenvolvemento das actividades relacionadas coa pesca, marisqueo e acuicultura na área da ría de Pontevedra e aqueles proxectos impulsados desde o GALP.

En virtude deste acordo, ABANCA aplicará ofertas financeiras personalizadas para os/as profesionais do sector pesqueiro e os/as beneficiarios/as das axudas xestionadas polo GALP Ría de Pontevedra, entre os produtos que inclúen condicións melloradas para a contratación están: pólizas de crédito, anticipos de subvencións, liñas de desconto, liñas de comercio exterior, préstamos persoais, leasing inmobiliario, confirming e avais. Ademais, a entidade porá a disposición das persoas beneficiarias asesoramento personalizado en seguros, así como o servizo de Banca A Distancia.

Este convenio forma parte da estratexia de procura de financiamento para os/as emprendedores/as destinatarios/as das axudas europeas que desenvolve o GALP Ría de Pontevedra e pola que optaron varios proxectos ao longo dos últimos anos (a meirande parte dos avais que se constitúen para garantir os pagos intermedios aos proxectos se contratan con ABANCA por parte, tanto de Confrarías de pescadores que teñen condicións preferentes como integrantes do sector pesqueiro, como por parte de particulares e empresas). Como parte desta estratexia, o GALP tamén subscribiu  convenios con outras entidades bancarias.

Para poder optar ás condiciones melloradas na contratación de produtos de ABANCA deberán xustificar que os seus proxectos están vinculados ao GALP.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad