Consisten en obradoiros de alfabetización dixital, costura e patronaxe, e lectura para crianzas.
O obradoiro de lectura ten por obxectivo fomentar o hábito da mesma entre os máis pequenos. Cumprindo coas medidas de seguridade sanitaria necesarias, as crianzas mosenses cooperarán para crear historias, e practicarán a escritura creativa e ténicas de declamación. Está destinado a nenos e nenas de sete anos ou máis, e celebraráse os martes, de 16:00h a 17:00h e de 17:30h a 18:30h. O prezo do mes é de 16 euros.
O curso de patronaxe impartirase os luns ou mércores de 16:00h a 17:30h. Ten un aforo limitado de 9 persoas.
Por último, convócase unha serie de obradoiros de alfabetización dixital, que se propón contribuir a reducir a fenda neste ámbito que tan patente se ven facendo dende o inicio da crise sanitaria. A primeira semana, nos días 6, 8 e 10 de xullo, celebraráse o primeiro obradoiro sobre identificacións e certificados persoais para os trámites coa administración. Completar esta sesión é un requisito para poder participar nas vindeiras leccións, que incluirán semanalmente os temas da seguridade na rede, a solicitude de citas médicas e outros trámites como a declaración da renda, itv e a cita do DNI.
Para máis información e para a inscripción nos cursos, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 639300974.