Redacción 01/07/2020

Adaptado ás novas normas de seguridade, con máis ocupación de rúa e con casi a totalidade de postos que antes da crise xenerada polo Covid

126 dos 128 postos de venda autorizados e sinalizados montaron hoxe, na segunda quenda do mercado ambulante dende a súa reactivación despois do estado de alarma.

A nova distribución dos postos ao longo dun treito de aproximadamente un quilómetro, dalle máis visibilidade e tamén máis ambiente nas rúas peonís.

Sergio Casal, concelleiro de Comercio manifestou hoxe a súa “plena satisfacción” polo resultado, froito das conversas que garantiron o retorno do colectivo dos zamoranos que non acudiran o pasado martes.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad