Redacción 30/06/2020

A técnica da tesourería remitiu ao pleno unha serie de medidas de corrección do sistema de taxas, axilización dos pagamentos e a eliminación de certos impostos ineficientes.

 

En xeral, a oposición apoiou a aplicación destas medidas. A voceira do PSdeG, Victoria Alonso, mostra a súa disposición para colaborar co equipo de goberno, e cre que as medidas propostas pola tesourería supoñen unha modernización e beneficios para a cidadanía. Pola súa banda, o representante do BNG, Gustavo Barcia, entende tamén que corrixen ineficiencias técnicas que se viñan arrastrando.

A administración xa contaba con unha Ordenanza de fraccionamento de débedas que se ven a integrar nesta. Ademais, agora faise alusión a aspectos vencellados ás delegacións co ORAL, aos posibles cambios de calendario fiscal que se tiveron que realizar recentemente por mor da crise da COVID-19, ou ao emprego de novas formas de pago como a tarxeta de crédito e mesmo o pago na web do Concello.

Un dos obxectivos principais das medidas é facilitar aos cidadáns distintas opcións de pagamento e, ao mesmo tempo, dar garantías na súa xestión, seguimento e mesmo devolución de ser o caso, como o pagametno via telemática e o emprego da tarxeta en internet ou caixeiros. Ata agora só se podía pagar con tarxeta na piscina e, dende xuño na policía, na retirada de vehículos. Coas modificación da nova ordenanza poderase pagar case todas as taxas municipais e a altas de IVTM por outros medios.

O Concello pretende con estas novas medidas promocionar o uso das novas tecnoloxías para favorecer a relación da cidadanía coa administración. Ademáis, é un xeito de abrir alternativas ante á situación de crise sanitaria que require que se restrinxan as relacións e contactos interpesoais, como o emprego de tarxeta como forma de pagamento e o uso de internet ou a eliminación de figuras tributarias que se cobraban en efectivo.

Actualizar estas ordenanzas fiscais, segundo o Concello, axuda a facilitar o seu control e coñecemento. Todas estas medidas axudarán a diminuír o tempo de agarda nas dependencias municipais e que a estada nestas sexa o máis segura posíbel dende o punto de vista das garantías sanitaria. Para as posíbeis persoas usuarias con analfabetismo funcional ou illamento tecnolóxico, en termos de conectividade non se restrinxen formas de pagamento e de relación coa administración, senon que se amplían, de acordo co Concello. Os servizos de recadación estarán sempre a disposición dos administrados para facilitar o emprego das novas tecnoloxías, de tal xeito que o emprego destas non impida ou dificulte as súas relacións coa administración. Se o administrado o solicita, dende recadación se lle xerará e imprimirá o recibo indicando as formas de pagamento alternativas ao emprego de tarxeta xa que estas formas non estarán excluidas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad