Redacción 30/06/2020

O grupo municipal do PSdeG de Mos quédase con catro concelleiros tras pasarse unha das súas concelleiras aos ‘non adscritos’ na corporación.

 

Verónica Costas Campo, veciña da parroquia de Torroso e de 40 anos de idade, deu hoxe o paso no primeiro pleno presencial trala pandemia que tivo lugar no pazo de Mos ás 10:00 h. Dá este paso “tras meditalo moito”, aseguraba, e continuaba decindo que é unha situación incómoda para alguén que apostou por unha opción política que lle vén de familia, xa que todo o mundo a coñece por ser filla de Emilia e defensora sempre das ideas do partido socialista.

Desexou sorte aos seus compañeiros pero indicou que non se sentía cómoda pertencendo ás filas políticas dos socialistas de Mos, indicando á súa vez que se sentiu totalmente desprazada e que nunca a tiveran en conta. Argumentou que tampouco o fai por cartos como sabe que veñen dicindo os seus compañeiros en diferentes grupos, nin tampouco por envexa da súa, ata agora, compañeira e voceira, Vitoria Alonso, Deputada Provincial. Finalizou a súa intervención desexándolles sorte os seus xa excompañeros de partido e ocupando o seu novo lugar no pleno.

Pola súa banda, o PSdeG, non fixo declaracións ao respecto no pleno.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad