Redacción 29/06/2020

O Concello continúa executando as obras de acondicionamento en distintas instalacións infantís

 

Este mércores, 1 de xullo, abriranse os parques infantís ao longo do municipio de Tui cumprindo as medidas de seguridade establecidas debido á pandemia da COVID-19. Explican dende a concellería de Parques e Xardíns que na tardanza na apertura dos parques primou en todo momento a seguridade dos usuarios, e axustarse á nova normativa en vigor.

 

Así o Concello de Tui colocou nos parques infantís cartelería informativa coas medidas a cumprir coma o uso obrigatorio de xel hidroalcohólico no acceso, para o que foron instalados dispensadores deste produto. Amais débese gardar a distancia social de metro e medio nas zonas comúns, poderá haber un máximo de dous nenos por xogo infantil e un máximo de 2 persoas por banco público. Segundo a nova normativa publicada o sábado no DOGA deberá haber só unha persoa por cada 3 metros cadrados. Amais o Concello, tal e coma recolle a normativa da nova normalidade, realizará unha desinfección diaria de cada parque infantil, para o que contratou a unha empresa externa, destinando a este cometido unha partida de 20 mil euros.

 

Todas as medidas implantadas son financiadas con fondos propios.

 

Dende o Concello de Tui faise un chamamento á cidadanía para realizar un uso responsable destas instalacións.

 

Por outra parte o Concello de Tui está traballando na mellora dos vinte parques infantís existentes no municipio, tomando coma punto de partida o traballo previo realizado polo anterior equipo con fichas individualizadas sobre a situación de cada instalación e as deficiencias que presenta.

 

Durante o estado de alarma con medios propios procedeuse ao acondicionamento das instalacións dos parques infantís de Sobredo e Caldelas, e cunha empresa externa acondicionouse o do Penedo. Traballos que están xa rematados.

 

Mentres continúan a executarse por parte de empresas externas especializadas arranxos no parque infantil situado no Paseo Fluvial.

 

No que respecta á parte baixa do parque infantil dos Xardíns de Troncoso foron retirados os elementos de xogo, que están a ser restaurados por persoal municipal. Farase un pequeño reacondicionamento da zona á espera do resultado do estudo realizado para coñecer as causa do afundimento que presenta o muro, e en función dos resultados contratar o proxecto e obra de adecuación. Posteriormente nesta zona habilitarase unha zona xogo para nenos e nenas de 0 a 5 anos. Colocarase céspede artificial, dúas porterías, unha canasta de baloncesto, dous balancíns e unha mesa de xogo de 3 en raia con dimensións axeitadas para nenos de 0 a 5 anos a quen irá destinada esta área.

 

Esta semana comezan as obras de acondicionamento do parque infantil situado no CEIP de Rebordáns, financiadas con fondos da Deputación de Pontevedra. Tamén con fondos provinciais, executaranse arranxos no parque infantil da aula de Bornetas do CRA Mestra Clara Torres, no parque e área de recreo en Areas, e no parque infantil da Gándara en Guillarei. Os elementos antigos desta instalación serán restaurados para poder ser empregados noutros parques tal e coma recollen os pregos de licitación. Nestas actuación prima o disfrute dos máis pequenos con elementos inclusivos, e a instalación de biosaudables para que o recinto poida ser empregado por toda a familia.

 

Noutros puntos, coma en Ribadelouro, debido ao mal estado dos elementos do parque infantil foron retirados os xogos e serán en breve colocados outros. Mentres o Concello continua a redactar novos proxectos de acondicionamento dos parques infantís, traballando ao tempo no seu financiamento con fondos propios ou doutras administración, para poder contar coa véntena de parque infantís nas mellores condicións de uso e disfrute.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad