Redacción 27/06/2020

Con estas actuacións -financiadas en 161.000 € pola Xunta e o restante polo Concello-  ampliaranse as prazas a 82 nen@s na Galiña Azul do municipio

 

 

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar licitou dende onte as obras de ampliación da escola infantil a Galiña Azul de Salvaterra de Miño, por un importe de algo máis de 200.000 € e un prazo de execución de 6 meses. As empresas teñen 26 días naturais desde a publicación do expediente na Plataforma de Contratos de Galicia e no perfil do contratante do Consorcio para a presentación de ofertas.

A escola infantil de Salvaterra de Miño, incluída dentro da rede autonómica a Galiña Azul e xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta na actualidade con catro unidades e 61 prazas. Tras estas actuacións ampliará o número de prazas a 82 e 6 unidades.

A consellería de Política Social, a través do Consorcio, asinou un convenio co concello para o financiamento destas obras por un importe de algo mais de 200.000 €. A Xunta investirá 161.000 € e o concello de Salvaterra de Miño asumirá a cantidade restante a través do Plan Concellos 2020, ademais dos custes derivados da redacción do proxecto, dirección de obra, etc. Está previsto ademais que a Consellería de Política Social invista, unha vez executadas as obras, 38.000 € mais no equipamento das aulas.

A escola infantil de Salvaterra de Miño púxose en funcionamento no ano 2015 e conta cunha importante demanda, rexistrando lista de agarda nos últimos cursos. O centro da servizo ao Concello de Salvaterra e a comarca do Condado.

Temos que recordar que Salvaterra de Miño é un dos poucos Concellos que a día de hoxe, co problema de envellecemento e despoboamento no rural, consegue non só manter poboación, senón crecer; e un claro exemplo é o nacemento nos últimos tres anos de máis de 250 nen@s e o numeroso número de xente nova que cada ano decide ir vivir ao municipio, en gran medida debido a calidade de vida que se encontran.

Amplas zonas verdes, o Parque Público A Canuda, máis de 40 km de sendas polos seus ríos, zonas deportivas, wiffi gratuíta, campamentos de conciliación, unha ampla oferta cultural….  en liñas xerais, unha calidade de vida que non encontran noutro lugar, son os reclamos que ofrece o Concello de Salvaterra para fixar poboación e crecer.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad