Redacción 26/06/2020

O Concelleiro de C21, José Palacín, afirma sentirse sorprendido polo discurso co Concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, emitiu durante a presentación do Anteproxecto de Reconstrución do Teatro Principal, celebrado onte na Área Panorámica

 

O titular de Patrimonio afirmou de forma taxativa que: “Ata fai un ano ninguén fixera nada en pos da rehabilitación do Teatro”.

 

C21 desminte tal afirmación, partindo da base de que foi o goberno do seu partido o que deu os primeiros pasos firmes na rehabilitación do inmoble, así como na recuperación do patrimonio moble.

 

Palacín afirma que: “Todos estes feitos podense corroborar pola compra do edificio trala aprobación plenaria do 31 de maio de 2018 e pola recuperación do telón, hoxe exposto na Área Panorámica. Do mesmo modo, o entón Alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o Concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, mantiveron sendas reunións, tanto co arquitecto César Portela co obxecto de que este retomara o seu proxecto dos anos 80, como co Director Xeral de Arquitectura, Javier Marín, o 10 de xaneiro de 2019 no Ministerio de Fomento, co obxectivo de que a Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo poidese asumir parte dos custes da rehabilitación. Tamén se mantiveron conversas coas entón deputadas no Congreso, Marta Rivera (C´s) e Yolanda Díaz (Podemos), co fin de recabar apoios para incluir a rehabilitación dentro dos Orzamentos Xerais do Estado. Para rematar, no terreo da difusión, baixo o Goberno de C21 publicouse por parte do Concello o libro do historiador Suso Vila, O Teatro de Tui.

 

Por último, Palacín expresa textualmente: “Unha cousa é a moda de reescribir a historia do Século XVI, paréceme inmoral, pero tratar de reescribir o sucedido o ano pasado, resulta ridículo”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad