Redacción 21/06/2020

C21 solicita ao Goberno que arranxe os bancos do centro, do paseo fluvial e das parroquias

 

 

O concelleiro de C21 solicitou por rexistro de entrada que se realice unha serie de pequenas intervencións en clave de reparación sobre os bancos de Tui.

 

Estes elementos do mobiliario urbano, de vital importancia no verán e para as persoas maiores, presentan un lamentable estado de desleixo, tanto no centro, como no paseo fluvial e tamén nalgunhas parroquias, onde se nota que levan anos abandonados.

 

José Palacín pide que se limpen, se lixen e se pinten ou vernicen, e que se restitúan os que se atopan inservibles, apostando por materiais de fabricación e deseños acordes co entorno.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad