O Concello de Salvaterra do Miño retrasa a apertura dos seus parques infantís
O Concello de Salvaterra de Miño decidiu finalmente aprazar a apertura dos seus parques infantís pola imposibilidade de cumprir as medidas de seguridade e hixiene marcadas.
A súa alcaldesa Marta Valcárcel Gómez, asegura que se trata dun acto de coherencia sanitaria e responsabilidade cívica, xa que con todas as medidas que se están levando a cabo para vencer o COVID dende o Concello, abrir o parque supón un risco demasiado elevado, xa que cos 40 parques infantis, 5 biosaudables e o Parque Público A Canuda é totalmente imposible realizar unha desinfección diaria e o control de aforo en todos eles.
Sendo consciente de que os parques constitúen unha función lúdica importante para os nenos e nenas de Salvaterra de Miño e a contorna, o feito é que o propio Goberno Central o primeiro que fixo foi decretar o peche destas áreas pola súa perigosidade ao ser estes elementos de xogo un gran foco de contaxio que coas medidas impostas para a súa reapertura fan que a maior parte dos Concellos non poidan asumir a súa posta en funcionamento.
Ademais, a pauta para abrir os parques sería restrinxir o aforo permitido dun neno cada catro metros cadrados, polo que non só constitúe un problema engadido a efectos de control de dito aforo, senón que podería convertirse en un uso discriminatorio.
Salvaterra de Miño é un Concello rico en natureza, a súa localización fai que teña variedade en sendas, paseos, montes e zonas verdes para as actividades lecer ao aire libre, onde os nenos e nenas poden xogar sen apuros facendo compatibles a diversión e a precaución ante a pandemia.
No intre no que se modifiquen as restriccións en canto a uso e se poida facer unha apertura fora de perigo, os parques abrirán de novo as súas portas. A partires do 1 de xullo e dependendo da propia evolución da situación volverase a estudiar a posibilidade de abrir o recinto da Canuda exclusivamente como zona verde.