C21 Tui solicita ao Goberno Local que retome as negociacións co colectivo de comerciantes ambulantes
Trala manifestación de onte, C21 solicita ao Goberno Local que reinicie inmediatamente as negociacións co colectivo de comerciantes ambulantes
O representante do partido liberal, José Palacín, considera que “o diálogo por parte dun representante público debe ser constante, levarse ata a extenuación”.
Por outra banda referente a esta decisión do Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, de trasladar o mercadillo a nova localización, afirma que: “Antes de tomar unha medida tan transcendental que afecta a un colectivo tan arraigado na nosa comunidade e que tanto leva sufrido debido a esta inactividade obrigada polo COVID, debe terse xa contemplada de antemán unha alternativa viable, que outorgue seguridade aos afectados. Sen embargo esta medida concita resignación, desasosego e incluso malestar como se denotou na concentración da Corredoira”