Redacción 18/06/2020

Onte participaron nunha sesión de formación específica para empresarios deste sector, nas instalacións da Axencia de Colocación mosense, un total de 30 persoas. Centra as súas primeiras accións nos sectores da hostelaría e turismo.

 

O Estudo do Impacto Económico do COVID-19 en Mos desvela que o da hostelería é o sector máis afectado. Por este motivo o Concello emprende accións específicas para axudar á súa recuperación. 

Entre tales accións atópase a formación sobre o COVID-19, impartida presencialmente onte mércores 17 de xuño nas aulas TIC da Axencia de Colocación. Tamén se lles deu a oportunidade aos beneficiarios desta acción formativa de participar no curso de xeito telemático, en liña. Participaron un total de 30 persoas, 10 en horario de mañá de 10:00 a 12:00 horas, e 20 pola tarde de 17:00 a 19:00 horas.

Durante a xornada facilitóuselle aos presentes a través da web comerciosegurogalicia.gal a análise gratuíta da súa empresa sobre cumprimento da normativa COVID-19 nos seus negocios. Impartíuselles formación materia de seguridade e prevención libre de COVID-19 e sobre como presentar a carta dixital a través de Código QR. Para aqueles establecementos que non tiñan desenvolta esta posibilidade, informóselles e formóuselles sobre como crear unha carta/menú dixital a través do Código QR. Asé mesmo, o Concello dá apoio para que aqueles locais que non poidan facelo, dispoñan en poucos días da súa carta QR, co apoio dos/as técnicos/as da Axencia de Colocación de Mos.

O obxectivo desta campaña municipal emprendida desde a concellería de Promoción Empresarial, Economía e Emprego do Concello de Mos é, segundo explicaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a edil responsable desta área, Julia Loureiro, “a reactivación do sector hosteleiro e turístico local ante a crise sanitaria da COVID-19, máxime cando os resultados do Estudo do Impacto Económico Municipal veñen a demostrar que é o máis damnificado”. 

A formación impartida onte foi totalmente gratuíta para os participantes e de carácter voluntario, e pretende que o sector do turismo e hostelería estea formado en materia de seguridade e prevención libre de COVID-19 para facer de Galicia e de Mos un destino seguro e que este sexa un valor engadido de cara á recuperación económica do sector. 

Tamén o persoal técnico da Axencia de Colocación de Mos atópase ao enteiro servizo destes profesionais da hostelería que están a atravesar momentos complicados. Para elo os hosteleiros poden contactar de luns a venres coa Axencia a través do enderezo de correo electrónico info@axenciadecolocacionmos.es  e do teléfono 986487786.

Ademais o Concello conta con apoio da Xunta de Galicia para o Plan de Reactivación do Sector Turístico e Hosteleiro. As accións da Xunta inclúen tamén asesoramento e financiamento das empresas e profesionais turísticos galegos en materia de seguridade sanitaria para adecuarse á situación actual, no marco do Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico. 

Para resolver dúbidas do sector turístico en materia de seguridade sanitaria a Xunta habilitou o teléfono gratuíto 900 815 334, dispoñible en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, a dirección de correo electrónico info-galiciadestinoseguro@xunta.gal e na páxina web de Turismo de Galicia vaise aglutinar toda a información de interese sobre accións e documentos oficiais relacionados coa COVID-19, segundo se vaian xerando.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad