Redacción 18/06/2020

O Concello afirma que se está traballando na limpeza, desbroce e desinfección dos espazos, que non se reabrirán, por criterio e asesoramento técnico, ata que se poidan garantir neles o cumprimento de todos os protocolos sanitarios.

 

Onte celebrouse a última Comisión de Seguemento da Evolución do COVID-19 en Mos, e realizouse de xeito presencial, de maneira diferente ás anteriores, agás a primeira, que se  mantiveron telemáticamente por videoconferencia. Tratouse da 16ª comisión desde o pasado 16 de marzo, -data na que se clebraba a 1ª-, e será a última que se celebre semanalmente de xeito ordinario. As futuras convocaranse esporádicamente e con carácter extraordinario para tratar temas concretos.

Nesta derradeira comisión fíxose como sempre un repaso por departamentos das accións emprendidas durante a última semana e abordáronse diversos temas tales como a nova normalidade, as verbenas, a reincorporación presencial total do persoal municipal aos seus postos de traballo excepto nos casos de persoas de risco ou con necesidades de conciliación da vida familiar e laboral, e a reapertura dos parques infantís que neste momento atópanse en proceso de limpeza, desbroce e desinfección.

Sobre este último tema acordouse, por criterio e asesoramento técnico, retrasar a súa apertura ata que estean perfectamente preparados e se poidan garantir neles todos os protocolos sanitarios. Ademais tendo en conta que a apertura podería realizarse únicamente mantendo o aforo máximo de 1 neno/a por cada 4 metros cadrados, trataríase dunha apertura discriminatoria. Si foi acordadoque no intre no que se abran haberá unha especial vixianza policial nos parques infantís para garantir que se cumpran estrictamente todas as medidas establecidas.

Desde a Comisión de Seguemento do COVID-19 considérase máis que razoable a decisión de demorar a reapertura dos parques infantís ao tratarse o de Mos dun concello eminentemente rural, con infinidade de zonas verdes e de lecer ao aire libre, paseos e montes nos que os cativos poden xogar, polo que non existe a imperiosa necesidade de reabrir estas áreas infantís que, ademais, foron as primeiras que o Goberno Central decretou pechar pola súa perigosidade ao ser os elementos de xogo un foco de contaxio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad