Estanse a realizar obras de acondicionamento, limpeza, mellora da drenaxe e pavimentación cun orzamento de 36.000 € con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación
Esta semana comezaron as obras de pavimentación do camiño da Vacaría, en Budiño, acometidas polo Concello do Porriño, por iniciativa da Concellería de Urbanismo que dirixe Pedro Pereira.
As obras consisten no acondicionamento, limpeza, mellora da drenaxe e pavimentación con aglomerado quente, e posterior sinalización do camiño veciñal.
Os traballos de mellora teñen un prazo de execución de 3 meses e un orzamento de 36.000 €. Execútanse con cargo ao Plan Concellos 2020, da Deputación Provincial.
Previamente a Comunidade de Augas, coa autorización da Concellería de Urbanismo e Infraestruturas, renovou a traída de augas veciñal.