Redacción 10/06/2020

O Concello ven de presentar baixo o slogan,  “Salvaterra de Miño un lugar para disfrutar, un lugar para vivir” a súa nova páxina web de turismo

Un espazo dinámico, sinxelo e moi intuitivo que busca ser un escaparate máis de todos os recursos que ofrece este Concello do Sur de Pontevedra, elaborada polo propio persoal da administración local

 

 

Salvaterra é unha das zonas máis visitadas do sur de Pontevedra. Só o Parque público A Canuda atrae a miles de visitantes durante todo o ano; unido aos máis de 30km de sendas verdes polos diferentes ríos do Concello, ao Recinto amurallado, o Museo da Ciencia do Vińo, a propia maxia que conleva ser unha Vila transfronteiriza e ao Espazo Termal Lúdico de Teans fan que Salvaterra de Miño non sexa soamente un Concello estratéxico en termos de turismo, senón que sexa un dos Concellos que máis medra de toda a contorna. 

A súa ubicación estratéxica, o seu clima e a súa calidade de vida fan que día a día sexan máis persoas as que veńen a vivir a este municipio da raia.

A páxina está dividida en tres grandes bloques:

Ven, coñece e visita, onde se presentan todos os recursos, a nosa gran riqueza cultural, histórica e patrimonial, ademais de dar a cońecer os lugares onde durmir e disfrutar da nosa gastronomía.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad