Redacción 09/06/2020

O alumnado do IES de Mos poderá asisitir a unha serie de charlas online en directo na rede social Instagram, co obxectivo de axudalos no deseño do seu futuro académico, durante os días mércores 10 e xoves 11 de xuño. 

 

A situación de Estado de alarma e ausencia de clases presenciais obrigou a mudar os mecanismos de comunicación e de aprendizaxe do alumnado. Docentes e estudantes tiveron que se adaptar a unha situación que impedía un dos eixos do ensino secundario, a presencialidade. Isto non foi obstáculo para que o IES de Mos organizase unhas xornadas de orientación académica destinadas ao alumnado, sobre todo de 2º de Bacharelato.

As Xornadas, baixo o título “Que fago despois do Bacharelato”, celebraranse o mércores 10 e o xoves 11. Están pensadas como directos de Instagram e pretenden ofrecer contacto directo con nove persoas pertencentes a nove ámbitos académicos e profesionais diferentes. Docentes universitarios, de ciclo superior, licenciados e profesionais de empresa falarán sobre diferentes posibilidades de ampliación de estudos na etapa posbacharelato.

As xornadas contarán con profesorado das tres universidades galegas nas especialidades de Antropoloxía, Belas Artes, Empresariais e Socioloxía, un licenciado en Historia, o Xefe de Departamento do Ciclo Superior de Servizos Sociocultuarais e á Comunidade do IES de Chapel, un enxeñeiro de telecomunicacións , un consultor senior dunha Big Four e o orientador do IES de Mos.

A xornadas “Que fago despois do Bacharelato?” poderanse seguir en directo no Instagram “historiasdepaulo”. O programa completo é o que segue: 

 

Mércores 10

10:30 h Emilio García Roselló (Subdir. da Escola Universitaria Estudos Empresariais da UVigo)

12:00 h Xohán Álvarez (Orientador do IES de Mos)

13:00 h Brais Rodriguez Otero (CS Servizos á Comunidade IES de Chapela)

19:00 h Guadalupe Jiménez Esquinas (Profesora de Antropoloxía da USC)

20:00 h Gustavo Barcia Seijo (Licenciado en Historia pola Uvigo)

 

Xoves 11

12:00 h Chelo Matesanz (Profesora da Fac. de Belas Artes da UVigo)

13:00 h Belén Fernández Suárez (Profesora de Socioloxía da UDC)

19:00 h Ángel Ansoar Mazaira (Consultor senior dunha Big Four)

20:00 h J. Benito Fernández Trigás (Enxeñeiro de Telecomunicacións)

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad