Redacción 08/06/2020

Esta acción de difusión cara ao turismo galego e estatal tamén ten como obxectivo apoiar aos establecementos que apostan pola calidade

 

 

A Deputación de Pontevedra repartirá nos próximos días ata 250.000 salvamanteis entre os establecementos hostaleiros da provincia que teñen apostado pola calidade e pola excelencia, co dobre obxectivo de apoiar ao sector e de promocionar o destino ao turismo galego e estatal que chegará no próximo mes de xullo a Rías Baixas.

 Esta acción de apoio á hostalaría está enmarcada na campaña “Sigue o teu instinto”, coa a que a Deputación promociona este ano a provincia, campaña que promove a vida saudable, o compromiso co territorio, coa tradición, coa sustentabilidade e tamén coa calidade. Por iso, o material se achegará entre os máis de cen restaurantes adheridos ao Sicted do conxunto dos xestores de destinos da provincia que, amais, para cumprir cos protocolos do ICTE de garantía sanitaria deberán usar manteis dun só uso.

 Se ben a prioridade é colaborar con aqueles establecementos que apostan pola excelencia e a confianza, tamén reservaranse 70.000 salvamanteis para aqueles outros que desexen sumarse a esta campaña, previa solicitude do material na oficina de Turismo Rías Baixas.

 Cada salvamantel levará impresos Códigos QR para que, a través do móbil, as persoas que consuman nestes establecementos poidan acceder á información de experiencias turísticas seguras, que estarán dispoñibles na web de Turismo Rías Baixas, así como ao vídeo de “Sigue o teu Instinto”, presentado o pasado xaneiro en FITUR no marco da campaña de promoción do destino Pontevedra Provincia que fai este ano a Deputación.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad