O Conservatorio de Torroso publica o calendario das probas de acceso ao 1º curso de Grao Profesional
O CEMU Profesional de Música de Torroso-Mos. Escola de Música de Mos, con sede no edificio do Centro Dotacional de Torroso, informa de que o Conservatorio de Mos xa ten nova información e calendario para as probas de acceso ao 1º curso de Grao Profesional 2020/2021.
Toda a información, prazas e os impresos necesarios están dispoñíbeis na páxina do Centro Cultural de Torroso www.crctorroso.com. Segundo a información publicada, será a partir do 11 de maio que se anunciará o número de prazas dispoñíbeis. Do 1 ao 10 de xuño, os candidatos entregarán os impresos e o xustificante bancario das taxas, a través do correo info@crctorroso.com.
As probas de acceso serán a partir do 22 de xuño, previsiblemente, e o día 29 serán publicadas as listas de admitidos e de espera. Ata o 1 de xullo haberá un prazo de reclamacións e as matrículas se formalizarán entre o 2 e o 10 de xullo.
De maneira excepcional, esta convocatoria non computará aos efectos do número maximo de probas ás que os candidatos se poidan presentar. Tampouco deberán aprender unha peza de memoria nin dispoñer de un acompañante musical.