O Porriño non reanuda o mercado ambulante dos martes
O goberno municipal porriñés que preside Eva Garcia de la Torre reiterou hoxe que o mercado ambulante dos martes aínda non se recomezará, a pesar de que entraramos na fase 2 do Plan de Desescalada e que se trata dunha das actividades que podería recuperarse con limitacións de espazo e aforo. Non obstante tanto o concelleiro de Mercados, Sergio Casal como a Policía Local consideran que as medidas das rúas peonís onde se celebra habitualmente este mercado non garanten que se puideran respectar as distancias de seguridade.
O mercado ambulante do Porriño non se celebra dende a declaración do estado de alarma, polo tanto a última edición tivo ligar o martes 10 de marzo.