O Director Xeral de Políticas Culturais e o Secretario Xeral de Política Lingüística reuniúronse esta mañá coa alcaldesa de Mos, as concelleiras de cultura e de educación e emprego, autónomos e empresas do municipio que traballan no sector da cultura.
O obxectivo desta xuntanza telemática foi que estas empresas e autónomos mosenses pertencentes a un dos sectores económicos que está a resultar máis damnificado pola crise do COVID-19 puidesen consultar dúbidas e, á súa vez, que se lles presentasen as iniciativas, medidas e axudas que desde a administración autonómica ten en marcha para apoiar a este sector.
Segundo informa o Cocnello, os particulares e colectivos presentes na reunión foron a cantante Uxía Senlle representando tamén a Malvela e María Fumaça, Reviravolta produccións incluíndo ás Maimiñas como grupo musical infantil e á escola de música MaiSon, a Escola de Música de Torroso, o gaiteiro Xulio Lorenzo, Micaela de M3, o cantante Antonio Barros, a cantante Ialma, Isaac Palacín da productora audiovisual Fermento, e Isaac González de márketing dixital e producción, entre outros asistentes membros do sector da industria cultural.