A atención o público farase baixo cita telefónica previa a partires do 25 de Maio.
O Concello de Salvaterra de Miño ven de anunciar o procedemento de posta en marcha da reincorporación ao traballo presencial dos traballadores municipais a partir do 25 de maio, a través dun protocolo de actuación para a incorporación paulatina dos empregados públicos ao traballo presencial, amparado polos representantes sindicais dos traballadores.
Prioriazarase a prestación do traballo en modalidades non presenciais (teletraballo), respectando os principios de corresponsabilidade e igualdade de trato, establecendo como mínimo 1 día de atención ao público en cada departamento), con cita previa, sempre e cando a atención da mesma non se poida levar a cabo a distancia, de xeito que se garanta a atención a cidadanía.
As modalidades de traballo non presencial poderán, puntual ou periódicamente, compatibilizarse con modalidade presenciais de prestación do servizo para facilitar a incorporación gradual, mediante quendas, dos empregados públicos.
Este procedemento iniciarase cunhas actuacións preliminares nas que se preparará o retorno dos traballadores, en atención a unha serie de parámetros, coa finalidade de adecuar as distintas fases da súa incorporación efectiva á implantación das medidas preventivas necesarias para garantir a protección da súa saúde.
Instaurarase a cita telefónica previa para marcar as reunións presenciais, atenderanse presencialmente só aqueles asuntos de urxente necesidade, incentivando a atención telemática e telefónica
Na entrada do concello instalarase un cartel onde se establece o horario e as condicións de acceso ao Concello, xa que se deberá entrar con cita previa, mascarilla e efectuar a desinfección de máns.