O Concello de O Porriño emprega esta medida a prol do fomento da mobilidade peonil e a reactivación económica da vila
Un decreto da Alcaldía do Porriño establecerá, a partir do vindeiro venres 22, un peche por tramos horarios da rúa Pío XII para fomentar a mobilidade peonil e, ao tempo, a reactivación económica de sectores coma hostalaría e comercio de proximidade.
O decreto da alcaldesa Eva García, establece que a medida que incrementará o espazo peonil no centro da vila, será efectiva a partir deste mesmo venres e manterase ata o 1 de novembro.
A norma implantada, aplicarase segundo os seguintes tramos horarios e días:
– De luns a venres, dende as 19.00 h ata a 01.30 h.
– Os sábados, de 16.00 h ata as 02.00 h.
– Os domingos, dende as 08.00 h da mañá ata as 02.00 h.