Tui contratará a 17 persoas para diversos servizos ao abeiro do Plan Concellos 2020
Esta semana incorpóranse xa un soldador e dous condutores
O Concello de Tui vai contratar a 17 persoas ao abeiro do Plan Concello 2020 da Deputación de Pontevedra para diversos servizos municipais.
Esta semana incorpóranse xa os primeiros traballadores unha vez se completaron os procesos selectivos. Trátase dun oficial de segunda soldador a tempo parcial e dous oficiais condutores a tempo completo..
Nos próximos días incorporaranse tamén seis peóns de horticultura e xardineiría a tempo parcial.
Mentres continua o proceso selectivo para a contratación de dous auxiliares administrativos a tempo completo, catro animadores turísticos a tempo parcial, dous auxiliares da biblioteca e arquivo a tempo parcial.
A duración de todos os contratos será até o 31 de decembro deste ano.