Redacción 16/05/2020

Por causa da crise sanitaria, as redes sociais municipais serán o esceario dos actos programados para hoxe, sábado, e o domingo 17 de maio.

Hoxe, sábado 16 de maio ás 18.00 horas na páxina de Facebook do Concello de Mos haberá un obradoiro de animación á lectura titulado “Fai o teu marcapáxinas” coa colaboración de Activalede.

Mañá, domingo 17 de maio e Día das Letras Galegas, tamén no Facebook municipal, ás 11.00 horas publicarase un vídeo institucional co Himno de Galicia. Ás 12.00 horas proxectarase un vídeo sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero coas colaboracións especiais de Dorinda Castro Soliño, veciña de Dornelas e Catedrática de Lingua Galega e Patrik Castro. Por último, ás 18.00 horas levarase a cabo a sesión de contacontos “As Pitas Baixo a Choiva”.

Ademais continúase co servizo de entrega de libros da Biblioteca Municipal a domicilio e, durante todo o mes de maio, os libros en préstamo irán acompañados dun marcapáxinas cunha imaxe e a vida e obra de Ricardo Carvalho de agasallo.

Ricardo Carvalho Calero, profesor ferrolano, é unha das figuras máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, e en concreto, un exponente e firme defensor do reintegracionismo lingüístico. Desenvolveu unha traxectoria vital fondamente vinculada á historia do galeguismo: foi na mocidade membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós, participou na redacción do Estatuto de Autonomía de 1936 e, xa no exilio interior, implicouse activamente nas estratexias de recuperación do idioma propio. Membro da Real Academia Galega, destacou tanto no ámbito da creación literaria como na crítica e na investigación filolóxica, converténdose en 1972 no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad