Estase a realizar o lixado e arranxo da pista 1 do pavillón de deportes aproveitando a suspensión das competicións polo estado de alarma
O orzamento co que contan para estas obras é de 48.387 €
O Concello de Porriño comezou as obras de lixado para o arranxo da pista principal ou nº 1 do Polideportivo Municipal.
Os traballos iniciáronse aproveitando o cambio de fase no Plan de Desescalada, máis a suspensión das competicións deportivas dos clubes, nas distintas modalidades que empregan esta cancha para adestramentos e partidos.
O concelleiro de Deportes, David Alonso e o xefe do Servizo de Deportes do Concello, Julio Bernárdez, acudiron a comprobar o desenrrolo dos traballos; estes consistentes no acoitelado de madeira de arce canadiense, barnizado e pintado das liñas das pistas para as diferentes competicións deportivas, ou do escudo e logo do Concello do Porriño.
Cando rematen estas obras, o Concello terá consumada a reforma das dúas pistas do Polideportivo Municipal, cun orzamento global de 48.387 €.