O Concello de Mos retoma a súa atividade presencial tralo inicio da Fase 1 da desescalada, con importantes reunións presenciais e a visita das obras na contorna do Pazo de Mos.
O Concello de Mos reabriu hoxe as súas portas ao público con cita previa co inicio da Fase 1 de desescalada. Na primeira xornada de reapertura de parte das instalacións municipais mosenses, membros do goberno e técnicos do Concello, coa presenza dunha técnico externa, realizaron visitas a estas instalacións para comprobar a adecuación das novas medida de seguridade. A técnico externa determinou in situ a corrección de tales mediadas.
Tamén esta mañá tivo lugar a primeira reunión presencial desde que se declarara o estado de alarma pola crise sanitaria do COVID-19. A xuntanza mantívose no salón de sesións con tres membros da directiva do Club Natación Mos, a concelleira de Deportes, o secretario e a técnico de Persoal. Segundo informa o Concello, esta xuntanza celebrouse en persoa ao ser o tema a tratar, a Piscina Municipal, un asunto especialmente delicado nesta situación de crise sanitaria.
A primeira visita a obras fíxose no vial alternativo de Santa Eulalia coa presencia do arquitecto municipal e representantes da Comunidade de Montes de Mos, que cedeu os terreos para poder construír o vial, así como membros da Fundación Pazo de Mos e da empresa constructora. A visita foi previa á inminente reanudación dos traballos tras o parón pola crise do COVID-19. Unha vez reanundadas as tarefas, prevese que a obra poida quedar rematada nun prazo dun mes ou mes e medio aproximadamente. A reanudación está pendente de que a Xunta de Galicia aprobe a financiación do modificado do proxecto que ascende a 100.000 euros.
A construción do vial perimetral permitirá eliminar o tráfico rodado da rúa empedrada que discorre polo lateral do Pazo, denominado Camiño da Rúa. O propósito é protexer o entorno do Pazo, recuperando este vial para uso peonil, evitando o deterioro da superficie empedrada. O proxecto propón unha alternativa viable que discorre polos terreos cedidos pola Comunidade de Montes en Man Común de Mos. Unha vez rematado e operativo o novo vial de Santa Eulalia, a rúa pasará a ser peonil con tránsito rodado só permitido para os residentes, para o que se instalará un sistema dotado de dous bolardos retráctiles de elevación e descenso automático no comezo e final do Camiño da Rúa, que só poderán activar os habitantes dese vial con mando a distancia.