Rematadas as obras de arranxo da cuberta de tres lavadoiros en Malvas
Estes días veñen de rematar as obras de arranxo das cubertas en tres lavadoiros situados na parroquia de Malvas.
A actuación, que supuxo un investimento de fondos municipais superior aos 2.500€, levouse a cabo nos lavadoiros de O Pozo da Ría e Fonte do Cura no barrio da Estrada, e no do Pozo da Devesa na Devesa, os tres situados en Malvas.
O Concello de Tui, a través da concellería de Patrimonio, acometeu estas actuacións contando amais coa colaboración da Comunidade de Montes de Malvas. O obxectivo da actuación foi arranxar os desperfectos – tellas rotas, madeiras en mal estado, … – que presentaban estes elementos apostando así polo mantemento do patrimonio tamén nas parroquias.