![](https://porrinodigital.es/wp-content/uploads/2020/04/images_2020_abril_e-commerce.png)
Trátase dun importante impulso para a venda online enfocada ao comercio minorista
A Deputación de Pontevedra quere poñer en marcha a través de SmartPeme unha aceleradora dirixida ao comercio minorista, un dos sectores prioritarios dentro da provincia, co obxectivo principal de axudarlles a impulsar os seus negocios e reactivar a economía local, tan mermada tras os efectos do COVID-19, que obrigou ao peche temporal de moitos deles.
Esta aceleradora de empresas está dirixida as pemes, persoas emprendedoras e autónomas da provincia de Pontevedra que cumpran unha serie de requisitos, entre os que se atopan que os seus negocios fosen afectados polo COVID-19, persoas que desexen reorientar ou poñer en marcha a súa actividade en liña ou persoas cun proxecto empresarial ligado a este sector en fase temperá ou cun alto potencial de desenvolvemento.
O programa executarase entre o 25 de maio e o 30 de setembro, prestando apoio aos 10 proxectos seleccionados mediante un plan intensivo de titorías e mentorizaciones acompañados polo equipo de persoas asesoras de Smartpeme así como un plan de capacitación a través de diversos talleres formativos.
O prazo de presentación de solicitudes estará vixente ata o 8 de maio de 2020 ás 15.00 h.
Clicando AQUÍ poderase consultar as bases do programa e acceder a ligazón do formulario de inscrición.
Será indispensable a presentación dunha memoria do proxecto, explicando detalladamente a idea e os obxectivos que se desexa alcanzar ao participar neste programa. Esta memoria, xunto coa información sobre o grao de innovación da empresa e o equipo participante serán os criterios para valorar para a preselección de proxectos.
Para calquera consulta ou dúbida pódese poñer en contacto no correo info.smartpeme@depo.es , no teléfono 886 202 020 ou a través das redes sociais de SmartPeme.