A doazón contará con máis de 2.000 máscaras infantís de protección contra o contaxio do COVID-19 e chegarán aos domicilios das familias mosenses mediante correo postal.
A iniciativa realízase no marco do proxecto “Pulso Solidario”, impulsado pola asociación de empresarios AEMOS e o Concello, da man dunha empresa situada no Polígono Industrial do Rebullón. As máscaras, que contan con homologación certificada, son de tipo FFP2, polo que protexen á vez que limitan a expansión do contaxio.
O departamento de Rexistro Xeral e Padrón Municipal está xa traballando para identificar todos os enderzos aos que serán enviadas as máscaras. O Concello afirma que será a partir do próximo 4 de maio que as máscaras empezarán a chegar aos fogares.