Redacción 20/04/2020

A Deputación de Pontevedra suxire á Xunta a posibilidade de aplicar test de dobre banda nas empresas con mais de 100 traballadores/as. Covid-19

Alcaldes e alcaldesas de concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes trasladaron esta demanda recollendo o sentir do persoal sanitario de atención primaria

 

 

A Deputación de Pontevedra, trasladou nas últimas horas á Xunta de Galicia a suxerencia de poder aplicar os test de dobre banda ao persoal daquelas empresas galegas de máis de cen traballadoras e traballadores. Trátase dunha demanda de alcaldes e alcaldesas da provincia, que remitiron á institución provincial, recollendo a preocupación do persoal sanitario de atención primaria dos seus municipios.

Nunha carta remitida hoxe ao presidente Núñez Feijoo, a presidenta provincial, Carmela Silva, sinala que “aínda que a totalidade das empresas e industrias están a facer un esforzo enorme para garantir a seguridade do seu persoal, é certo que moitos medios de producción obrigan a contactos interpersoais que poden ser foco de contaxios”. Por elo, engade, “para evitar posibles crecementos da pandemia e garantir unhas axeitadas condicións de prevención, propóñennos que solicitemos á Xunta a posibilidade de facer test de dobre banda en todos aqueles centros de traballo nos que, pola súa casuística de acumulación de persoal, determinen as autoridades sanitarias”.

A presidenta da Deputación de Pontevedra remata a súa carta dicindo que “queremos que entenda esta petición como unha achega con ánimo propositivo que axude a erradicar, na medida do posible, a propagación do COVID19 entre a cidadanía”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad