Redacción 29/03/2020

Ante o estado de alarma decretado dende o 14 de Marzo a organización do Festival de Cans decidiu o 26 de Marzo de 2020 aprazar a celebración da XVII edición

 

As datas habituais son a finais de Maio, nestes intres ante a preocupante evolución da epidemia ademáis de non darse as condicións sanitarias axeitadas, trasládase á primeira semán do mes do Setembro, do 2 ao 5. Acolle visitantes de toda Galicia, España, e varios países de Europa, así coma América. A organización precisa varias semanas de antelación para artellar os contidos, e nesta crise do coronavirus, coa incerteza que xenera, as decicisións respecto a programación, coas restriccións de mobilidade ou peche de espazos aéreos, dificulta a celebración do certamen.

O Festival de Cans comunicou esta decisión nos últimos días, tomada xunto coas institucións, patrocinadores e colaboradores. Seguen a traballar na selección de curtametraxes, e contidos, reestructurando contratacións do persoal, que a pasada edición xenerou 132 contratacións laboráis, e un impacto económico por riba do medio millón de euros.

As veciñas e veciños de Cans que prestan os seus “jalpóns e seus chimpíns” apoia a organización nesta variación de datas, para salvalo Certamen deste ano, o mais importante de todos os que se celebran en Galicia nun entorno rural, cun índice de visitas de máis de 15.000 persoas durante os días de celebración. Dende a organización agradecen esta boa disposición, e comunicarase coas persoas que mercaron a entrada pola lanzadeira de Culturgal, ofertando a devolución dos cartos ou mudar a data para setembro.

Para mais información na páxina oficial festivaldecans.gal/gl/ , no mail comunicacion@festivaldecans.com, ou con Paco García Cobas (Tlf. 653 53 16 82).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad