Redacción 13/11/2019

Os axentes auxiliaron ao conductor dun vehículo en parada cardíaca sinistrado na rotonda do Cristo de Belén, sen chegar a ter que empregar o desfribilador -DESA-  

Dende o Concello do Porriño solicitan unha segunda ambulancia do 061 para a súa área de influencia 

 

 

O pasado luns axentes da Policía Local interviñan nun accidente de tráfico na rotonda do Cristo de Belén onde acudiron dous vehículos policiais, cando se atoparon ao conductor do vehículo sinistrado inconscente dentro do seu vehículo, tras  colisionar contra un sinal de tráfico da citada glorieta.

Trátabase dun varón que se atopaba en parada parada cardíaca, polo que os axentes tiveron que  estabilizalo realizando manobras de reanimación sen chegar a ter que empregar o desfibrilador (DESA). Lamentablemente, a pesares de requirir de inmediato unha ambulancia, non había ningunha dispoñible polo que, un vehículo policial acudiu aó Centro de Saúde a recoller ao personal facultativo e levalo ata o lugar do sinistro.

O ferido foi finalmente trasladado ó Hospital Alvaro Cunqueiro, onde se recupera dende o luns pasado, cando aconteceu o sinistro.

O Concello ten que subliñar que, a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño, debe atender a unha poboación superior ós 20.000 habitantes e con varios polígonos industriais. Deste xeito, non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia porque está a atender outra emerxencia. Por esta razón dende a Concelleiría de Seguridade, vólvese a reclamar ao Sergas, que 061 habilite unha segunda ambulancia para Porriño e súa área de influencia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad