
Xa está determinada a composición das mesas electorais para o vindeiro 10 de novembro, no que poderán exercer o dereito a voto os 15.609 porriñeses censados
Este mediodía celebrouse o Pleno Extraordinario da Corporación Municipal que realizou o sorteo para determinar a composición das mesas electorais para os comicios do vindeiro 10 de novembro.
No concello de O Porriño formaránse 23 mesas electorais onde exercerán o seu dereito ó sufraxio15.609 electores, segundo o censo actualizado á data. É unha cifra sensiblemente inferior con respecto ás derradeiras municipais, cando o número de electores foi de 15.998. Ocurre que para as eleccións xerais excluense os extranxeiros censados no Porriño que actualmente son 389.
Os concelleiros Blanqui Francés, Manuel Carrera e Bienvenido Estévez foron testemuñas do sorteo. Foi o edil do PP quen premeu o botón que activou o sorteo. O secretario deu conta aos restantes membros da Corporación Local que asistiron á sesión.
Antes de rematar o pleno, o voceiro do grupo Esquerda Unida Son, Pedro Ocampo solicitou á alcaldesa e ao secretario que insistan ante a Xunta Electoral de Zona, para que traslade as mesas electorais que se concentran no CEIP Fernández López, a outro emplazamento con máis amplitude e servizos.
Actualmente no citado colexio acumúlanse 8 mesas electorais, que reúnen a 7.329 de electores do centro da cidade.